A primeira actuación deste curso foi na Casa da Cultura de Burela por invitación da Coral Polifónica de dita localidade que retomaba a actividade co seu I Concerto de Outono despois dun tempo de pausa.
Compartimos escea coa agrupación anfitriona e a Rondalla Estrelecer de Fene, dirixidas por Lucía Expósito Martínez e Javier Amado, respectivamente.
En primeiro lugar a Rondalla Estrelecer interpretou as seguintes composicións:
- Canción del mar. Adap. Javier Amado Fdez.
- India. Adap. Javier Amado Fdez.
- El mar. Adap. Javier Amado Fdez.
- Río de Camalotes. Versión Javier Amado Fdez.
- O vira vira. Fuxan os Ventos.
A continuación o Orfeón, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, interpretou o seu repertorio:
- Gabriel's oboe. E. Morricone. Arr. P. Rowlands.
- Ó rama. Popular portuguesa. Arr. A. Martins.
- Bullerengue. Ritmo colombiano. Arr. J. A. Rincón.
- La flor. E. Martínez Torner.
- Cando vexas. Popular galega. Arr. J. Castiñeira.
Cerrou o turno de actuacións a Coral Polifónica de Burela que ofreceu aos asistentes estas pezas:
- Senhora do Almurtao. Trad. de Portugal. Harm. Julio Domínguez.
- Guantanamera. Joseíto Fernández. Arr. Electo Silva.
- Siyahamba. Canción zulú.
- Quen puidera namorala. Letra: A. Cunqueiro. Música: E. Batallán.
Hai que destacar que neste concerto facían o seu debut catro compoñentes do noso coro: Ricardo Coria Abel, María Paz Gómez Cabanas, Rosa Souto Saá e Trinidad Vázquez Luaces; todos eles coa ilusión natural da súa primeira vez.
Despois das actuacións as tres corais compartimos un ágape de confraternidade que rematou con cantos compartidos e afectuosas mostras de agradecemento e despedida.
Nas imaxes, un momento do noso concerto na Casa da Cultura de Burela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario