Organizada polos antigos alumnos da Escola de Artes e Oficios Artísticos Ramón Falcón acostuma a celebrarse o día 12 de outubro unha Misa en Latín na catedral como preludio da Feira Medieval e outras actividades organizadas por este colectivo neste último día das festas do patrón.
A misa foi celebrada no altar do Bo Xesús por D. Manuel Castro Gay, coengo desta Catedral, asistido por membros do colectivo mencionado máis arriba e contou coa asistencia de numerosos fieis, entre os que se encontraba un certo número de damas e cabaleiros vestidos con atuendos medievais que contribuiron a situarnos na época.
As diferentes partes da misa foron pronunciadas en Latín, tal como acostumaba a ser antes de 1965, ano no que o papa Pablo VI dixo a primeira misa en italiano, lingua á que se foron engadindo todas as demais.
O Orfeón Lucense situouse excepcionalmente na nave dereita da sé, e o repertorio interpretado nesta ocasión especial baixo a dirección habitual de Marcos Fernández Mosquera foi o seguinte.
- Adoramuste, Christe. Th. Dubois.
- Kyrie. Misa de Angelis. Gregoriano.
- Alleluia. Gregoriano.
- O salutaris hostia. P. de la Rue
- Sanctus. Misa de Angelis. Gregoriano.
- Agnus Dei. Gregoriano.
- Da que Deus mamou. Cantiga 77. Afonso X O Sabio.
- Canticorum Iubilo. G. F. Haendel.
Na imaxe, momentos previos ao inicio da Misa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario