Como en anos anteriores, fomos convidados a cantar na festividade da Virxe do Carme. Dado que aínda non remataron as obras na súa capela, a celebración tivo lugar na Igrexa de San Pedro, que tamén nesta ocasión rexistrou unha gran asistencia.
A misa estivo pesidida polo prelado da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, acompañado por algúns coengos, presbíteros, acólitos e lectores. Entre os asistentes, en lugar preferente, as autoridades civís e eclesiásticas, directivos da Confraría do Carme e, como vén sendo habitual, un bo número de confrades femininas ataviadas coa mantilla branca.
Esta actuación do Orfeón tivo carácter especial por ser a primeira da nova etapa baixo a dirección de Sara Pérez Cruz, Sara Nebra; polo que, tanto ela como todos os coristas, vivimos o momento coa emoción dunha estrea.
O repertorio elixido para este día foi o seguinte:
- Himno a la Virgen del Carmen. Letamendía.
- Kyrie en Ré M. J. P. Lécot /P. Décha.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Alléluia dit Irlandais. F. O´Caroll / L. Deiss.
- Deus do Universo. L. Olano.
- Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot.
- Agnus Dei de la Messe "Peuples de la Terre". G. Rossini / J. P. Lécot.
- Ave María. T. L. de Victoria.
- Ave verum. J. P. Lécot.
Rematada a misa, a imaxe da Virxe do Carme saiu en procesión polas rúas e prazas do centro histórico acompañada polas autoridades civís e relixiosas, pola asociación cultural Airiños de Orbazai e seguida de numerosos confrades e fieis.
Na imaxe un momento da actuación do Orfeón dirixido por Sara Nebra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario