O colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia organiza a Exposición 350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado.
Esta Ofrenda é un acto solemne que tén lugar na Oitava do Corpus na Catedral de Lugo e correspóndelle facela cada ano a unha das cidades que compoñían o Antigo Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui,
Dirixida polo presidente do Orfeón Lucense, Xulio Xiz e coordinada por Antonio Giz, baixo a asesoría histórica de Marcos Calles, mostra en 12 paneis dobres diversas fotografías e gravados alusivos aos 350 anos do inicio do proceso que deu lugar á Ofrenda, así como unha antoloxía de textos poéticos sobre o Santísimo escritos por Valentín Lamas Carvajal, Díaz Castro, María Rosa de Vega Araújo, Calderón de la Barca, Evaristo Correa Calderón e Manuel Rodríguez López, entre outros.
A exposición pode visitarse do 16 ao 30 de abril, de 8:30 a 20:15 na Biblioteca Pública Miguel González Garcés de A Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario