Vimos de despedir ó Ilmo. Sr. D. Manuel María Castiñeira Pardo, coengo máis antigo da Santa Igrexa Catedral Basílica e irmán de D. José Castiñeira Pardo, refundador do Orfeón Lucense e Prefecto de Música da Catedral ata o seu falecemento.
Despois de case medio século de adicación total á garda e custodia deste templo, D. Manuel descansa no cemiterio capitular do mesmo.
O Orfeón acompañou a solemne cerimonia de funeral na que interpretou as seguintes composicións:
- Salmo
- Interleccional (José Castiñeira)
- Santo. Misa Pascual. (José Castiñeira)
- Cordero de Dios. Misa Pascual (José Castiñeira)
- Yo soy el pan de vida (Suzanne Toolan)
- Más cerca, oh Dios (Lowell Mason)
O Excmo. Sr. Bispo e o Ilmo. Sr. D. Luís Castiñeira, sobriño do coengo extinto, pronunciaron emotivas palabras na honra de D. Manuel. Enlazamos aquí a semblanza que o noso Presidente, Xulio Xiz, adicou en nome do Orfeón Lucense ó finado.
Imaxe tomada de La Voz de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario