Ademais da presenza telemática nos oficios da Catedral de Santa María, este Venres Santo o Orfeón Lucense estivo nas ondas da Radio Galega. A nosa compañeira e codirectora Sara Pérez Cruz foi entrevistada por Antón Rebollido no programa A tarde desta emisora.
Encabezada polo tercetino de Mozart, Soave sia il vento, que presentamos nun post anterior, a conversa xira en torno ás actividades que vén desenvolvendo a nosa formación coral neste tempo de confinamento e á dinámica en condicións normais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario