Dada a excepcionalidade da situación de confinamento na que estamos, esta Semana Santa reviste un carácter singular e nunca vivido polos membros que formamos o Orfeón Lucense. Todas as celebracións e oficios litúrxicos teñen lugar sen a asistencia de fieis e polo tanto tamén sen a nosa presenza no coro da catedral.
A Diócese de Lugo quere levar aos fogares a Semana Santa valéndose dos medios tecnolóxicos e transmite os actos a través da súa canle de Youtube.
A aportación da nosa formación coral é tamén telemática: estreamos Ubi caritas (Ola, Gjeilo), que soa na cabeceira e en 1:06:52 do vídeo da retransmisión en directo da Misa do Domingo de Ramos que enlazamos a continuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario