Por invitación do Mestre de Capela da Catedral, D. Luis Varela Castiñeira, o Orfeón foi invitado a cantar no concerto de góspel africano que o grupo Aba Taano ofreceu na sé a beneficio dos nenos e xoves máis desfavorecidos de Uganda.
Esta actividade é unha iniciativa da ONG Música para salvar vidas, fundada por varios cidadáns españois para dar formación a infantes e adolescentes ugandeses protexéndoos ata que son capaces de valerse por si mesmos.
Foi unha experiencia marabillosa e diferente na que poidemos desfrutar de polifonías africanas, tan cheas de enerxía, espontaneidade e sonoridade, e dalgunhas melodías de espectáculos musicais e cinematográficos interpretados polo grupo visitante.
O Orfeón Lucense actuou en primeiro lugar co seguinte repertorio:
- Más cerca, oh Dios! de Ti. L. Mason.
- Gabriel's oboe. E. Morricone.
- Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés.
- Swing low. W. Willis. Arr. Josli.
- O rama. Popular do Baixo Alentejo.
Aba Taano
Ensaio do Orfeón Lucense
Ningún comentario:
Publicar un comentario