A celebración deste Venres Santo estivo presidida polo prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco, e concelebrada por varios coengos do cabildo catedralicio.
Como é habitual o Orfeón, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, estivo presente tomando parte importante nos oficios de maneira moi especial, pois neste día representa o papel do pobo na lectura da Pasión de Cristo según San Juan que compuxo o noso refundador, D. Xosé Castiñeira Pardo. Este ano ademais, por falta de tenores no papel do Sanedrín, as compoñentes femininas da nosa coral asumiron este personaxe de maneira puntual.
Sempre que se fai a lectura desta Pasión os membros do coro valoramos a capacidade de D. Xosé Castiñeira, como bo mestre, para facilitar o complicado e para facer entender ao pobo este feito histórico dunha maneira didáctica e intuitiva.
O repertorio completo foi o seguinte:
- Padre, a tus manos. Salmo.
- Christus factus est. M. Villanueva.
- Pasión según S. Juan. X. Castiñeira.
- Mirad el árbol de la Cruz.
- Victoria, tú reinarás. A. Losay e D. Julien.
- Crux fidelis. Gregoriano.
- Pueblo mío. R. Cantalapiedra.
- Cristo al morir tendea. F. M. A. da San Germano.
Finalizados os oficios saiu a procesión do Santo Enterro, da que adxuntamos unha imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario