O lume no adro da Catedral poñía unha nota cálida na noite bonancible da nosa cidade cando o prelado fixo a súa beizón xunto coa da auga. A ese momento seguíronlle as tebras e, por fin, fíxose a luz e vimos a sé chea de fieis.
Así comezaba a Vixilia Pascual que estivo presidida por D. Alfonso Carrasco Rouco e concelebrada por varios coengos. Nela o Orfeón, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, interpretou o seguinte repertorio:
- Gloria. Misa de Lourdes. J. P. Lécot.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Cristo resucitado.
- Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina.
- Santo. Misa de Angelis. Gregoriano.
- Agnus Dei. Misa de Angelis.Gregoriano.
- Cristo ayer, Cristo hoy. J. P. Lécot.
- Cantico dell' Agnello. M. Frisina.
Unha vez rematados os oficios, todos os asistentes fomos obsequiados na sacristía cun ágape para celebrar a Pascua de Resurrección.
Un momento previo á beizón do lume
Ningún comentario:
Publicar un comentario