xoves, 9 de abril de 2020

Semana Santa 2020. Xoves Santo

A continuación enlazamos o vídeo da retransmisión en directo a través da canle do Bispado de Lugo dos oficios do Xoves Santo. 
Nesta Ocasion o Orfeón acompaña a liturxia deste día interpretando Sicut cervus, de Giovanni Pierluigi da Palestrina en 51:13  e  1:02:17. Este é o documento sonoro.


martes, 7 de abril de 2020

Música na corentena III

Seguimos cantando desde as nosas casas mentras esperamos volver a estar xuntos. Nesta ocasión artellamos esta fermosa peza que o Orfeón interpreta habitualmente na Semana Santa. Sicut cervus de Giovanni Pierluigi da Palestrina. 
Na parte tecnolóxica, Sara Pérez Cruz e Silvia Nadela, codirectoras desta agrupación coral. Moi agradecidos polo seu traballo. Un pracer.








domingo, 5 de abril de 2020

Semana Santa 2020. Domingo de Ramos

Dada a excepcionalidade da situación de confinamento na que estamos, esta Semana Santa reviste un carácter singular e nunca vivido polos membros que formamos o Orfeón Lucense. Todas as celebracións e oficios litúrxicos teñen lugar sen a asistencia de fieis e polo tanto tamén sen a nosa presenza no coro da catedral.
A Diócese de Lugo quere levar aos fogares a Semana Santa valéndose dos medios tecnolóxicos e transmite os actos a través da súa canle de Youtube. 


A aportación da nosa formación coral é tamén telemática: estreamos Ubi caritas (Ola, Gjeilo), que soa na cabeceira e en 1:06:52 do vídeo da retransmisión en directo da Misa do Domingo de Ramos que enlazamos a continuación.


venres, 27 de marzo de 2020

Música na corentena II

Por seguir cantando, que é o que nos gusta, un fermoso terceto pertencente á ópera Cosi fan tutte de Mozart. Nel os protagonistas Fiordiligio, Dorabella e D. Alfonso ven partir nun barco, supostamente á guerra, aos prometidos das donas, Ferrando e Guglielmo, mentras entonan unha despedida temporal.

Os nosos compañeiros Sara Pérez Cruz, Silvia Nadela Villarino e Marcos Fernández Mosquera interpretan Soave sia il vento.



mércores, 25 de marzo de 2020

Música na corentena I

Mentras esperamos a que veñan tempos mellores, traballamos desde as nosas casas nun proxecto proposto polas queridas compañeiras e codirectoras, Silvia Nadela e Sara Cruz: Ubi caritas   (Ola Gjeilo).
 Encantounos!!!



venres, 13 de marzo de 2020

Quedamos na casa!!!

Ante a pandemia causante de que o goberno decretara o estado de alarma, o Orfeón Lucense acata as normas dictadas polas autoridades e suspende todas as actuacións, ensaios e actos de toda natureza.

A Música segue uníndonos!!


sábado, 1 de febreiro de 2020

Próximos obxectivos

Despois do tempo de Nadal cómpre cambiar de rexistro. Apuntamos agora cara a dous proxectos que nos ilusionan: 
 - O Concerto pro restauración dos órganos catedralicios, no que interpretaremos cinco cantatas xunto ao Grupo Vocal Sólo Voces e ao organista italiano Giulio Mercati.
 - A celebración da Semana Santa na Catedral de Santa María, como vén sendo habitual, na que o Orfeón Lucense acompañará cos seus cantos os actos  principais deste tempo litúrxico.
Estamos comezando. Quédanos moita tarefa!!





venres, 31 de xaneiro de 2020

Codirectoras

Finalizado o primeiro trimestre prodúcese un cambio na dirección do Orfeón Lucense. Por motivos persoais e de forma temporal deixa de exercer esta función Marcos Manuel Fernández Mosquera e toman o relevo Silvia Nadela Villarino e Sara Pérez Cruz, ambas compoñentes desta formación. 
Moita sorte e acerto nesta etapa!!!







domingo, 12 de xaneiro de 2020

Convidados ao XXXIV Festival de Polifonía e Panxoliñas

Onte tivemos a honra de actuar no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba invitados pola Coral Polifónica Vilalbesa e en compañía da Coral Polifónica Luar con motivo da celebración do XXXIV Festival de Polifonía e Panxoliñas.

A Coral Polifónica Vilalbesa, a Coral Polifónica Luar e o Orfeón Lucense, dirixidos por Uxío García Amor, José Miguel Díaz Coira e Marcos Manuel Fernández Mosquera respectivamente, ofreceron ao público unha selección musical composta por panxoliñas, cantos tradicionais e modernos.

O repertorio interpretado polo Orfeón foi o seguinte:

- Drop, drop slow tears. O. Gibbons.
- Linda noie. Popular do Algarve.
- Gabriel's oboe. E. Morricone. Arr. P. Rowlands.
- Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés. Arr. D. Antolí i Plaza.
- O meu amor mariñeiro. X. L. Rivas. Arr. Bieito Blanco.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro,  agradeceu a participantes e ouvintes a súa presenza. O concerto rematou coa entrega de obsequios a representantes das tres corais e para concluir a xuntanza degustamos unha cea de confraternidade. 

O Orfeón agradece a acollida e o trato dispensado polos anfitrións, cos que esperamos volver a coincidir pronto. Foi un pracer compartir música, escea e mantel con estas agrupacións corais, xa amigas.



    Cartel do XXXIV Festival de Polifonía e Panxoliñas


Un momento da actuación en Vilalba

venres, 10 de xaneiro de 2020

Lembramos a Carmen López Rodríguez

O pasado xoves, 9 de xaneiro, arroupamos á familia de Carmen López Rodríguez, irmá da nosa compañeira Eva, na misa funeral que se celebrou na capela de San Roque da nosa cidade.

Carmen foi soprano no Orfeón Lucense ata a súa enfermidade e posterior falecemento hai uns meses. Ao longo da celebración escoitamos sentidas testemuñas de afecto e gratitude para ela de parte de familiares e amigos. Unímonos a elas e desexamos que a terra lle sexa leve.

O repertorio interpretado neste acto foi o seguinte:

- Más cerca, oh Dios. L. Mason.
- Señor ten piedad. F. Palazón.
- O salutaris. L. Perosi.
- Zum Sanctus. F. Schubert.
- Cordero de Dios. F. Palazón.
- Ave María. T. L. de Victoria.
- Ven Señor ás nosas almas. L. Olano.

sábado, 4 de xaneiro de 2020

Nadal 2019 na rúa

Esta agrupación coral participou, como vén sendo habitual, na animación das rúas lucenses neste nadal interpretando os seus cantos. Foi durante os días 2 e 3 do presente mes de xaneiro.

Ofrecemos unha selección de panxoliñas de diferentes culturas e cantos tradicionais aos ouvintes, a quen agradecemos a súa presenza, a súa participación e o agarimo de sempre.

As pezas interpretadas nestes recitais foron as seguintes:

- Linda noite. Popular do Algarve.
- Na noite máis fermosa. Popular bretón. Arr. V. R. Abeijón.
- Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca. Arr. E. Pettman.
- Drop, drop slow tears. O. Gibbons.
- Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés. Arr. D. Antolí i Plaza.
- Noite de Deus. F. X. Gruber. Arr. X. Castiñeira.
- Noite boa. X. Castiñeira.
- La vieja. Tradicional española. Arr. A. Parker e R. Shaw.
- Ó rama, ó que linda rama. Popular portuguesa. Arr. A. Martins.
- O voso galo comadre. M. Groba.
- Cando vexas. Popular galega. Arr. X. Castiñeira.



         Cantando na Praza Maior





luns, 30 de decembro de 2019

Nadal 2019 (VII)

Unha composición moderna interpretada a dúo:

Perhaps love.
Música: John Denver.
Solistas: Marcos Manuel Fernández Mosquera e Francisco Javier Schofield.
Piano: Nacho Samena.







Nadal 2019 (VI)

Unha panxoliña tradicional cun arreglo actual:

La vieja.
Arreglo: Alicia Parker e Robert Shaw.




domingo, 29 de decembro de 2019

Nadal 2019 (V)

Unha peza estreada neste recital na que dialogan solista e coro tras a introdución dunha narradora:

Petit Papa Noël.
Música: Henri Martinet.
Narradora: Linsay Stevenson
Solista: Carlos Sánchez.
Piano: Nacho Samena.






sábado, 28 de decembro de 2019

Nadal 2019 (IV)

Outro novo estreo do recital de Nadal 2019:

Los tres Reyes.
Música: Ariel Ramírez.
Charango: Dayana Pérez Brandon (Escuela de Música Rossini).
Guitarra: Manuel Alejandro Varela González (Escuela de Música Rossini).
Tamboril: Guadalupe Enríquez Parga.





venres, 27 de decembro de 2019

Nadal 2019 (III)

Nesta ocasión publicamos un estreo do noso concerto:

Drop, drop slow tears.
Música: Orlando Gibbson.



xoves, 26 de decembro de 2019

Nadal 2019 (II)

Hoxe compartimos aquí outra actuación do último concerto de Nadal:

Green finch and linnet bird (do musical Sweetney Tood)
Música: Stephen Sondheim
Solista: Sara Pérez Cruz
Piano: Nacho Samena




martes, 24 de decembro de 2019

Nadal 2019 (I)

Neste post e noutros sucesivos iremos publicando alguns dos cantos do Concerto de Nadal deste ano. Serán christmas sonoros a modo de felicitación para os nosos seguidores que iremos estendendo ao longo destas festas.

Comezamos cun canto de berce:

Canto de berce para unha princesa negra.
Música: Antoni Rodríguez Sabanés.
Arreglo: Daniel Antolí i Plaza.
Solista: Silvia Nadela Vilariño.
Piano: Nacho Samena.





luns, 23 de decembro de 2019

Inauguración do belén da Catedral

Esta tarde estivemos ante o belén da Catedral de Santa María realizado pola Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas.

O Excmo. Sr. Bispo de Lugo inaugurou esta instalación e dirixiu unhas palabras de agradecemento a dita asociación e ao Orfeón Lucense pola colaboración que presta sempre para dar brillantez aos actos que se celebran nesta basílica. Rematou felicitando o Nadal a todos os presentes.

O repertorio interpretado foi o seguinte:

Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca. Arr. Edgar Pettman.
- Drop, drop slow tears. O. Gibbson.
- Noite de Deus. F.X. Gruber. Arr. X. Castiñeira.



                            Belén da Catedral de Santa María. 2019

domingo, 22 de decembro de 2019

Concerto de Nadal

Nestas datas entrañables o Orfeón lucense acóde puntualmente para agasallar aos seus seguidores cun recital de temas variados tanto en xénero como en procedencia.

Este Nadal solistas e coro interpretamos un repertorio composto por panxoliñas en diferentes linguas, pezas clásicas e modernas e o xa habitual número de maxia.

En cada actuación establécese unha relación entrañable entre todos os compoñentes desta formación coral e entre esta e o público, relación que quizáis se sénte de forma especial no Concerto de Nadal. Con este sentir desexamos para todos e todas unhas FELICES FESTAS.

Eis o programa:






luns, 16 de decembro de 2019

Clausura da Novena da Virxe da Esperanza

O mércores, día 18 deste mes, cumpriremos co noso compromiso habitual na igrexa parroquial da Nova, actuando na clausura solemne da novena da Virxe da Esperanza. 


O Orfeón interpretará o seguinte repertorio:

- Rorate caeli. Himno do Advento. Gregoriano.
- Oh, Señor, que te alaben los pueblos. Salmo.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Ave María. T. L. De Victoria.
- Sanctus. F. Schubert.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.


Finalizaremos con dous vilancicos:

- Gabriel, el Ángel. Trad. vasca. Arr. Edgar Pettman.
- Ya viene la vieja. Trad. española. Arr. A. Parker e R. Shaw.




mércores, 11 de decembro de 2019

Polifonía por kilos

Un ano máis o Orfeón Lucense participará na iniciativa solidaria Polifonía por kilos obsequiando con música aos ouvintes  a cambio de que aporten alimentos que serán entregados desinteresadamente a quen máis os necesite.

Este ano correspóndenos actuar na igrexa de San Froilán acompañando a misa maior do domingo, día 15, e dando un pequeno concerto a continuación. O repertorio será o seguinte:

Misa:
- Rorate caeli. Gregoriano.
- Señor ten piedad. X. Castiñeira.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Deus do universo. A. Olano
- Zum Sanctus. F. Schubert.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca.

Concerto:
- Drop, drop slow tears. O. Giibbons.
- Canto de berce para unha princesa negra
- Linda noite. Popular Algarve.
Ya viene la vieja. Tradicional española.
- Glück zum neuen Jahr. L. Van Beethoven



domingo, 8 de decembro de 2019

Preparando o noso Nadal

Outra vez é Nadal. O Orfeón está preparando desde hai tempo un dos concertos agardados con máis ilusión. 

Cantaremos un variado repertorio composto por pezas clásicas, de música tradicional e moderna de distinta procedencia, interpretadas por solistas ou de forma coral, coas que queremos obsequiar, felicitar  e mesmo sorprender aos nosos ouvintes.

Será o sábado, 21 de decembro na igrexa da Nova.

Eis o fermosísimo cartel artístico que elaborou a nosa compañeira Sara Pérez Cruz para anunciar o evento.

Quedan todos e todas convidados!!!



sábado, 7 de decembro de 2019

Misa da Inmaculada Concepción

Este domingo celebramos a festividade da Inmaculada Concepción. A nosa formación musical acompañará a misa solemne na Catedral co seguinte repertorio:

- Qué hermosa sois! L. Iruarrízaga
- Kyrie/Gloria. F. Palazón
- Aleluya. I. G. Ramos
- Ave María. T.L. de Victoria
- Santo. T. Aragüés
- Cordero de Dios. A. Taulé
- Hija del pueblo, María. A. Taulé
- Alma Redemptoris. G. P. da Palestrina
- Salve Regina. Gregoriano


xoves, 21 de novembro de 2019

Santa Icía

O vindeiro venres, 22 de novembro, celebraremos a festividade de Santa Icía, patroa da Música e dos músicos, cunha misa na Catedral de Santa María na que participarán os diferentes coros de Lugo. 

Cantar Delas, Conxunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral Ecos do Miño, Coral do Hospital Xeral Calde, Coral Xolda, Coro de Fingoi, Grupo Vocal Solo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes e a Schola Gregoriana Lucensis intervirán nos distintos momentos da misa.

Ao Orfeón Lucense correspóndelle nesta ocasión entonar o salmo Contade as marabillas , harmonizado por Isauro García Ramos.