sábado, 26 de decembro de 2015
domingo, 20 de decembro de 2015
sábado, 19 de decembro de 2015
venres, 18 de decembro de 2015
xoves, 10 de decembro de 2015
Apertura da Porta da Misericordia
O Orfeón Lucense participará o próximo domingo (III de Advento) nos actos da apertura da Porta da Misericordia da Catedral de Lugo. A cerimonia aparece descrita no número 263 do boletín de información diocesana A Nosa Voz da seguinte maneira:
A celebración será o día 13 de decembro e articúlase en cinco momentos:
1. A statio. Na igrexa dos Padres Franciscanos (Lugo) ten lugar ás 18:30h o saúdo e a monición inicial, a proclamación do Evanxeo e a lectura da parte inicial da Bula de convocación Misericordiae Vultus.
2. A procesión, na que se dá gran relevancia ao libro dos Evanxeos: levado polo diácono, é signo de Cristo que camiña diante do seu pobo
3. A apertura da Porta da Misericordia. A entrada na Catedral ten lugar a través da porta que na fachada principal dá acceso á capela de San Froilán. O Bispo detense e con el toda a procesión; a parada implica, ademais, a apertura da porta e a ostensión solemne do libro dos Evanxeos, palabra de misericordia, primeiro cara ao exterior, logo cara ao interior da Catedral e o canto da antífona «Eu son a porta». O Bispo, levando o libro dos Evanxeos, cos concelebrantes e os ministros diríxese procesionalmente cara ao altar maior.
4. Memoria do Bautismo
5. Celebración da Eucaristía
mércores, 9 de decembro de 2015
Concerto en S. Francisco Xavier
O Orfeón Lucense durante o concerto da campaña solidaria Polifonía por Kilos na igrexa de S. Francisco Xavier.
O repertorio interpretado foi o seguinte: La flor, Gabriel's oboe, Compañeira, Cando vexas, Nació nació pastores, Ya viene la vieja e Chiquirritín.
O repertorio interpretado foi o seguinte: La flor, Gabriel's oboe, Compañeira, Cando vexas, Nació nació pastores, Ya viene la vieja e Chiquirritín.
sábado, 5 de decembro de 2015
Cartel
Estamos preparando con moita ilusión o Concerto de Nadal que, como xa é tradición, terá lugar na Catedral de Lugo o próximo día 19 de decembro.
De momento, xa temos cartel; é obra de Sara Cruz, e é orixinal e moi fermoso. Pronto estará á vista de todos en tantos e tantos escaparates da cidade, lembrando esta cita anual en que o Orfeón Lucense felicita as pascuas á cidade da que forma parte.
luns, 16 de novembro de 2015
Polifonía por kilos
Este ano todas as Corais do Concello de Lugo xuntámonos para unha boa causa, a de tratar de facer máis alegre e levadeiro para os máis necesitados o Nadal, e para iso daremos distintos Concertos gratuitos nas parroquias de Lugo.
Unicamente pedimos que nos regaledes un kilo ou paquete de alimentos non perecedeiros, que a propia Parroquia se encargará de repartir entre os máis necesitados.
Os Concertos programados son os seguintes:
Día 22 de Novembro, Igrexa de S. Pedro, 12,30 h.: Orfeón Lucense, (Misa) e Solo Voces (Concerto).
Día 28 de Novembro, Igrexa da Milagrosa, 19,30 h.: Coral Xolda, (Misa) e Orfeón Xoán Montes, (Concerto).
Día 29 de Novembro, Sagrado Corazón, 12 h.: Coral Xeral Calde, (Misa) e Coral Amigos do Camiño, (Concerto).
Día 5 de Decembro, S. Antonio de Padua, 19 h.: Coro San Antonio, (Misa) e Coral Ecos do Miño Astelu (Concerto).
Día 6 de Decembro, S. Francisco Xavier, 12,30 h.:Amigos do Camiño (Misa) e Orfeón Lucense (Concerto).
Día 12 de Decembro, S. Froilán, 20,30 h.: Coral Ecos do Miño Astelu (Misa) e Orfeón Xoán Montes (Concerto).
Día 13 de Decembro,S. Lourenzo de Albeiros, 12,45 h.: Cantar Delas (Misa) e Conxunto Vocal Lugh, (Concerto).
Día 19 de Decembro, Santiago A Nova-Fontiñas, 18,30 h.: Schola Gregoriana Lucensis, (Misa) e Coro de S. Antonio (Concerto)
domingo, 1 de novembro de 2015
Todos os santos
No cemiterio dos cóengos situado no Claustro da Catedral de Lugo está soterrado don José Castiñeira, fundador do Orfeón Lucense.
Vaia para el a nosa homenaxe e lembranza nestes días tan significativos.
venres, 9 de outubro de 2015
Misa medieval
O Orfeón Lucense cantará, como vén sendo tradicional, a misa medieval (en latín) que se celebrará o próximo luns, 12 de outubro, a partir das 11.30 horas, na capela de San Froilán da Catedral de Lugo.
O repertorio será o seguinte:
ENTRADA: Da que Deus mamou (cantiga LXXVII das de Santa María, de Afonso X o Sabio)
Kyrie da Missa de Angelis (canto gregoriano)
EVANXEO: Aleluia de Josquin des Prez (s. XVI)
OFERTORIO: Ave María, de Tomás Luis de Victoria (s.XVI)
Pater Noster (canto gregoriano)
Sanctus da Missa de Angelis (canto gregoriano)
COMUÑÓN: Qué bonito niño (Cancioneiro da Colombina, fins do s. XV)
domingo, 4 de outubro de 2015
San Froilán 2015
Comezou o San Froilán.
Este ano, o Orfeón Lucense participa nas festas do Patrón cantando a misa solemne e a ofrenda a San Froilán na Catedral, presidida polo Sr. Bispo da diocese e con asistencia da Alcaldesa da cidade e a corporación municipal (luns, 5 de outubro, 12 da mañá).
Tamén cantará, como é tradicional, na misa en latín do día 12 de Outubro, que nesta ocasión se celebrará na capela de San Froilán da Catedral a partir das 11,30.
sábado, 5 de setembro de 2015
Queres formar parte do Orfeón Lucense?
Necesitamos voces, principalmente masculinas (tenor, baixo, barítono).
Se che gusta cantar, e estás interesado ou interesada en formar parte da nosa agrupación, ponte en contacto connosco no local de ensaio os martes, mércores e venres de 19'30 a 21'30h.
Estamos na Rúa do Cruce, 5-Baixo (xunto ao Pavillón de Deportes)
xoves, 23 de xullo de 2015
Falecemento de Gaspar Callejo
Nacido o 25/05/1919 en Palencia, onde foi organista do Seminario de Palencia, da parroquia de S. Andrés de Carrión de los Condes (Palencia).
Ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1943.
Estudou música en Madrid e Barcelona e desempeñou a
función de Cóengo-Organista 1º da Catedral de Lugo.
Compuxo dúas Misas a dúas voces, varias cancións
relixiosas e folclóricas.
Faleceu o 21 de xullo. Hai un funeral de irmandade na
Catedral o venres 24 ás 11h.
De A Nosa Voz
domingo, 28 de xuño de 2015
Fotos do concerto
Fotos do concerto do venres pasado na igrexa da Milagrosa. O presidente do Orfeón, Xulio Xiz, presenta o acto. Dirixe, como sempre, Marcos Fernández.
venres, 19 de xuño de 2015
xoves, 18 de xuño de 2015
Concerto na Milagrosa
O venres, 26 de xuño, celebraremos un concerto de fin de curso na igrexa da Milagrosa. Será a partir das 20.00, co seguinte repertorio de música sacra e profana:
Qui presso a Te, Signor (Mozart)
Christus factus est (Villanueva)
O salutaris hostia (Perosi)
Gabriel's oboe (E. Morricone)
Swing low (harm. Josly)
Hallellujah (Leonard Cohen)
Bullerengue (J.A. Rincón)
La flor (Torner)
Maite (Pablo Sorozábal)
Eu de Marín (Rogelio Groba)
Compañeira (har, Julio Domínguez)
Cando vexas (José Castiñeira)
O voso galo comadre (popular)
sábado, 13 de xuño de 2015
Ofrenda do Antigo Reino de Galicia
O próximo domingo, 17 de xuño, a partir das 12.00, terá lugar na SICB de Lugo a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento; o Orfeón Lucense participará na solemnidade cantando o seguinte repertorio.
MISA: Misa Galega, de José Castiñeira
ENTRADA. Alégrese o ceo, de L. Olano.
SALMO: Contade as matabillas do Señor, de A.S. Carneiro
ALELUIA: Alleluia, de I. García Ramos.
OFERTORIO: Dulcis Christe, de Grancini.
COMUÑÓN I: Yo soy el pan de vida, de S. Toole e A. Medina.
COMUÑÓN II: Quédate Señor connosco
COMUÑÓN III: Ecce Panis, de J.A. Moreno Fuentes.
PROCESIÓN-SAÍDA: Pange Lingua (gregoriano) e Salve Santo Sacramento (Portas Ferro)
PROCESIÓN-RETORNO: Hostia Pura / Altísimo Señor, Tantum Ergo (gregoriano), e Cantemos al amor de los Amores, de Busca de Sagastizabal.
domingo, 7 de xuño de 2015
Kyrie
Fragmento do Kyrie da Missa Brevis de Haydn que o Orfeón Lucense cantou esta mañá na Praza de Santa María (vídeo publicado en El Progreso)
venres, 5 de xuño de 2015
Corpus Christi
O domingo, 7 de xuño, o Orfeón Lucense cantará o seguinte repertorio na solemnidade de Corpus Christi que se celebrará a partir das 11 horas na Praza de Santa María.
MISA: Missa Brevis Sancti Joannis de Deo, de J. Haydn (Kyrie, Gloria, Sanctus, Agnus Dei)
ENTRADA. Ti es o pan do ceo, de X. Portas.
SALMO: Alzaré la copa de la Salvación [LDS 183 (B-I)]
ALELUIA: Benedicat Vobis, de G.F. Händel
OFERTORIO I: Hoc Hic Mysterium, de J. Molejón
COMUÑÓN I: Que bien se yo la fonte, de S. Juan de la Cruz (letra) e F. Palazón (música)
COMUÑÓN II: Tu por amor a los hombres (popular, música de Palazón)
COMUÑÓN III: O salutaris hostia, de Lorenzo Perosi.
PROCESIÓN-SAÍDA: Pange Lingua (gregoriano) e De rodillas Señor ante el Sagrario, de Peman-Aramburu.
PROCESIÓN-RETORNO: Hostia Pura / Altísimo Señor, Tantum Ergo (gregoriano), e Cantemos al amor de los Amores, de Busca de Sagastizabal.
luns, 18 de maio de 2015
sábado, 16 de maio de 2015
xoves, 14 de maio de 2015
Concerto a beneficio de proxectos de Mans Unidas
O vindeiro domingo día 17 de maio de 2015, ás oito da tarde, no Salón Rexio do
Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un Concerto no que intervirá a Banda
Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido
por Marcos Manuel Fernández Mosquera.
As entradas poden adquirirse no local de Mans Unidas situado na rúa da Cruz, 1
B, 1º en horario de 11 a 13 horas, teléfono 982 25 55 67; ou no propio Círculo das
Artes desde unha hora antes do concerto.
Todo o diñeiro recadado cos 5 euros de
donativo que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que se financian
este ano por parte de Mans Unidas da diocese de Lugo no terceiro mundo: o
primeiro en Ghana consistente na construción dun pavillón cirúrxico, e o segundo
en India de mellora da situación sanitaria en 15 pobos co 95% da súa poboación
por baixo do limiar da pobreza.
En: A nosa voz 257 (14.05.2015)
mércores, 13 de maio de 2015
Concerto solidario
Como é tradicional, o Orfeón Lucense e a Banda Municipal ofrecerán dentro de poucos días un concerto benéfico a prol da organización solidaria Manos Unidas.
Será no Círculo das Artes de Lugo o próximo domingo, 17 de maio, a partir das 20'00 horas.
O programa escollido é o seguinte:
Christus factus est (Martín de Villanueva)
Qui, presso a Te (W.A. Mozart)
Dulcis Christe (Michelangelo Grancini)
Gabriel's oboe (Ennio Morricone. Da película A Misión. Arr.Paulo Rowlands)
La flor (popular asturiana. Arr. E.M. Torner)
Eu de Marín ausenteime
Os teus ollos (Letra: Curros Enríquez. Música: José Castro González "Chané")
Cando vexas (Xosé Castiñeira)
Swing Low (spiritual negro)
Bullerengue (Ritmo colombiano. Poesía: Jorge Artel. Música: J.A. Rincón)
Hallelujah (Letra e música: Leonard Cohen. Arr. Roger Emerson)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























