sábado, 24 de marzo de 2018

Domingo de Ramos

O domingo 25 de marzo ás 11.30 h, celebrarase na praza de Santa María a Bendición de ramos (se no momento da bendición o tempo non permitise facela na praza, trasladarase ao interior da Catedral).
A continuación terá lugar a procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén e, ao finalizar, celebrarase a Eucaristía na Catedral que estará presidida polo Bispo da Diocese, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.
O Orfeón Lucense cantará na misa de Ramos o seguinte repertorio:
Sanctus da Missa brevis Sancti Joannis de Deo de J. Haydn.
Cordero de Dios, de A. Taulé (CLN).
Hágase  tu voluntad, de I. Yepes (CLN).
Oh, víctima inmolada, de J.S. Bach.
 

venres, 23 de marzo de 2018

Candidatura

Así titula El Progreso a noticia na súa edición impresa de hoxe, indicando que a corporación aprobou por unanimidade apoiar a candidatura do cura para a distinción; a anécdota vén da errata do subtítulo, cando o xornal, fiel ao seu costume, atribúe a orixe da petición non ao Orfeón Lucense, como corresponde, senón aos nosos compañeiros do Orfeón Xoán Montes. 
Na edición dixital o erro aparece xa corrixido.


luns, 19 de marzo de 2018

Primeiros actos


Máis sobre a actuación do Orfeón Lucense no pregón, e sobre os primeiros actos da Semana Santa lucense deste ano, en A nosa voz.

xoves, 15 de marzo de 2018

Pregón da Semana Santa

O Venres 16 ás 20:30h no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo: Pregón de D. Joaquín María García Díez, que foi alcalde de Lugo.
No acto haberá un concerto do Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, que interpretará as seguintes obras:
1. SICUT CERVUS (Palestrina)
2. O CRUX AVE (Rihards Dubra)
3. DULCIS CHRISTE (Graccini)
4. NON NOBIS DOMINE (Burrows)
5. IN MONTE OLIVETTI (Juozas Naujalis)

Organista: M. Iltre. Sr., Luis Varela Castiñeira

mércores, 7 de marzo de 2018

Pregón

O pasado venres 23 de febreiro tivo lugar a reunión da Xunta de Confrarías, presidida por Monseñor Carrasco Rouco, para ultimar a preparación da Semana Santa 2018. Da mesma resaltamos a seguinte información:
O exalcalde Joaquín García Díez será este ano o pregoeiro da Semana Santa. O pregón lerase o próximo 16 de marzo, ás oito e media, no salón rexio do Círculo das Artes e, durante o acto, está prevista a actuación do Orfeón Lucense.

Máis información sobre a Semana Santa, aquí.

xoves, 8 de febreiro de 2018

O Orfeón Lucense cantará na solemne celebración o venres, 9 de febreiro, a partir das 20.00 horas, na Catedral de Lugo.

martes, 26 de decembro de 2017

Con Xulio Xiz, Presidente do Orfeón


Acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Vilalba a Xulio Xiz, xornalista e gran dinamizador da cultura nado neste Concello. Por toda unha vida adicada a colaborar e organizar miles de actos e homenaxes, presentador e mantedor de diversos eventos, e membro do xurado do Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba desde a súa orixe 
Polos seus destacados méritos e polos relevantes servizos prestados ao noso pobo, o Concello de Vilalba fará acto de entrega desta distinción a Xulio Xiz, o venres 29 de decembro ás 20:30h no auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba. Acto aberto a todo o público.
Web do Concello de Vilalba.

luns, 25 de decembro de 2017

Feliz Nadal

E así foi: no serán do sábado, 23 de decembro, cantamos para felicitar o Nadal dos lucenses na igrexa da Nova. Esta é unha foto desa noite especial.


E así o contou a prensa:


sábado, 2 de decembro de 2017

Concerto de Nadal

Todos os anos, coma unha tradición, o Orfeón Lucense ofrece un concerto durante o Nadal co desexo de agradecer aos lucenses a fidelidade e o afecto que recibimos deles, ao longo do ano, cada vez que cantamos.
Este Nadal non será unha excepción: A véspera da Noiteboa, cantaremos outra vez para que revivan en todos os corazóns as cancións de sempre xunto a pezas completamente novas no repertorio do Orfeón, e mesmo algunha, composta por José Castiñeira, o noso fundador, que non se volveu cantar en décadas e que agora volve brillar, coma un tesouro.
E non cantaremos sós: cantará connosco o Coro de Nenos da Parroquia de Santiago a Nova, e contaremos co talento de Nacho Samena ao piano e Aquilino Jacob á guitarra.
Hoxe presentamos o cartel, que xa está na imprenta, e que pronto veredes por toda a cidade para lembrarvos que vos esperamos, como cada ano, para vos felicitar o Nadal.


domingo, 29 de outubro de 2017

Santa Cecilia


Coma outros anos, tamén este participaremos na celebración de santa Cecilia, padroeira da Música e dos músicos, xunto cos restantes coros e agrupacións da cidade. 
Será na Catedral de Lugo o próximo 22 de novembro, ás 8 da tarde.

luns, 11 de setembro de 2017

Volvemos

Estamos en setembro, e, despois destes meses de descanso, o Orfeón Lucense reanuda as súas actividades e rutinas no local de sempre na rúa do Cruzamento, e baixo a dirección de Marcos Fernández Mosquera.
Nuns días empezaremos os ensaios, en poucas semanas cantaremos a misa solemne ao patrón San Froilán e tamén a tradicional misa latina que clausura as festas, logo a celebración da padroeira da Música, a seguir, o Nadal... e así un ano máis.
Haberá novidades no repertorio e na disposición das cordas, tamén haberá voces novas e novos proxectos, e é que o Orfeón, aos 35 anos da súa refundación, segue renovándose para non perder a súa identidade. 
Grazas a todos polo voso cariño e fidelidade. 



xoves, 22 de xuño de 2017

Concerto de Fin de Curso do Orfeón Lucense

Convidada especial: CORAL DO LICEO DE OURENSE 

Igrexa de San Pedro (Lugo) - Sábado, 24-xuño-2017 20,00 h


CORAL DO LICEO DE OURENSE 

Directora: Yolanda Grela Betoret


Edelweiss (Sonrisas y lágrimas)                               R. Robger
Vita nostra (La Misión)                                            M. Travic
Moon river (Desayuno con diamantes)                    H. Mancini
Coro de espigadoras (La rosa del azafrán)              J. Guerrero
Coro de románticos (Doña Francisquita)                 A. Vives
Mozos y mozas (La del soto del parral)                   Soutullo y Vert
Canción del arlequín (La Generala)                         A. Vives 

Solistas: Teté Torre e Elena Álvarez
  Pianistas: Ángel Losada e Luis Humberto


ORFEÓN LUCENSE 

Director: Marcos M. Fernández Mosquera 

Sanctus e Benedictus (Missa brevis)                         Jacob de Haan
Cantique de Jean Racine                                           Gabriel Fauré
Hallelujah                                                                  L. Cohen (arr. Roger Emerson)
Annie´s Song                                                             John Denver
Ó Rama (Pop. Portuguesa)                                        Arr. Adelino Martins
Canto de berce                                                Xosé Luís Rivas-Mini (arr.Lupe Enríquez)
Eu de Marín ausenteime                                           G. Bernal
Cando vexas (Pop. Galega)                                      Arr. José Castiñeira

 Solistas: Ángeles Rodríguez Fontela, Javier Pérez Schofield e Francisco Javier Rodríguez García 
Pianista: Ignacio Sampayo

xoves, 18 de maio de 2017

Voces masculinas de 8 coros cantarán juntos la Alborada de Veiga

Enlace coa páxina de La Voz de Galicia, aquí.



domingo, 14 de maio de 2017

domingo, 7 de maio de 2017

Concerto "Mans Unidas"

O domingo 14 de maio ás 20h no Círculo das Artes de Lugo terá lugar o Concerto solidario que xa vén sendo tradicional nos últimos anos.
Da Escola Municipal de Música de Lugo, actuarán o Grupo de pandeiretas (dirixe Mercedes Autram), o Coro Moderno (dirixe: Noelia González) e a Big Band (dirixe: Adrián Lage).
E tamén intervirá o Orfeón Lucense (dirixe: Marcos Fernández Mosquera).
As entradas (5 euros) poden recollerse anticipadamente no mercado solidario da rúa San Pedro ou na sede da Delegación (r/ Cruz, 1 B de 11 a 13h).



venres, 5 de maio de 2017

Luís Vázquez Muñiz



Hoxe, ao Orfeón Lucense (tamén aos queridos compañeiros do Coro de San Francisco Javier), correspóndelle a difícil tarefa de cantar para despedir a un amigo, a un dos nosos, a un querido compañeiro de moitos tempos, moitos traballos, algunhas dificultades e moitas alegrías.

O labor dun colectivo musical é disfrutar do exercicio da voz, de cantar, cumprindo o que aprendemos de pequenos de que rezar é “levantar o corazón a Deus”. Pois nós rezamos cantando, para pedir, pero tamén para darlle gracias ao Altísimo, especialmente cando cantamos en recintos sagros coma este; especialmente cando cantamos en momentos coma este.

Hoxe cantamos rezando para pedir e para dar grazas. Para pedirlle ao Señor que acolla no seu seo ao noso compañeiro Luis, e tamén para darlle grazas por tantos anos de amizade e convivencia co noso amigo Luis.

Primeiro era Luis do Banco Exterior, e así o coñecín hai xa preto de trinta anos… Pero daquela e sempre era xa Luis do Orfeón Lucense, un dos máis veteranos. Un dos procedentes dos tempos afortunados nos que Don José Castiñeira refundou este Orfeón para deixárnolo en herdanza a todos os que iamos tendo algo que ver cun colectivo senlleiro que conforma unha gran familia, que ten por norte elevarnos conxuntamente por medio da harmonía da canción; por medio da expresión colectiva, igualitaria, de erguer os corazóns e deixar que a música nos invada, flúa, e nos transporte a un mundo musical, case perfecto.

Luis era cantor solidario, responsable, serio, amigo… amigo de todos; absolutamente de todos. Nunca lle escoitamos unha palabra discordante… Sempre no seu lugar de home bo, responsable, ao que se podía acudir para falar e para pedir axuda. E consello. E tranquilidade. Durante moitos anos foi o responsable da economía do Orfeón, e nunca como entón tivemos organizadas as sempre precarias finanzas dun colectivo sen ánimo de lucro pero cunha complexa organización e funcionamento.

Hoxe, todos vós sodes testemuña, cantamos por Luis, cantamos a misa de Don José Castiñeira, que tanto lle gustaba, cunha aportación extraordinaria do noso Director, Marcos Fernández Mosquera… xa dixemos que para pedir e para dar as grazas. Quizais porque en vida nunca lle demos as grazas a Luis pola súa constancia, pola súa presencia, pola súa dedicación… E neste momento en que todo parece rematar para Luis, pero en realidade todo comeza, cantamos tendo partido o corazón, pero tendo moi presentes os moitos anos nos que Luis nos aportou a voz e a bonhomía, facéndonos saber que cando cantamos non é a voz o máis importante, senón a alma. 

Cantando, xuntámonos á súa familia –a súa muller, as súas fillas e xenro, o seu neto, seu irmán… e dicísmoslle adeus – en realidade, ata sempre- a Luis, o compañeiro da voz, do corazón, e da alma!.

(Oración por LUIS VÁZQUEZ MUÑIZ o 17 de abril de 2017 na Igrexa de San Francisco Xavier-Lugo. Xulio Xiz é Presidente do Orfeón Lucense)


Publicado o 05. 05. 2017 en Galicia Digital