Aba Taano
Ensaio do Orfeón Lucense
Aba Taano
Ensaio do Orfeón Lucense
Despois da posta do sol, como está ordeado, comezou a celebración da Vixilia Pascual coa beizón do lume no adro da Catedral e tamén a da auga.
Ademais de acompañar os cantos propios da liturxia do día, o Orfeón interpretou o seguinte repertorio:
- Gloria. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Aleluya de los irlandeses. J. P. Lécot.
- Santo. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- O pan do ceo. X. Portas Ferro.
- O salutaris. P. de la Rue.
Na imaxe un momento previo á beizón do lume no adro da Catedral.
Este Venres Santo tivo a particularidade para a nosa agrupación de ter que cantar con poucos compoñentes por estaren varios cantores contaxiados de covid.
Abordamos o noso cometido coa maior adicación, como sempre, e coa dirección habitual interpretamos o seguinte repertorio sen acompañamento de órgano, dada a solemnidade do día.
- Padre, a tus manos. Salmo.
- Pasión según S. Juan. J. Castiñeira.
- Victoria, tú reinarás. A. Losay.
- Crux fidelis. Gregoriano.
- Comiendo del mismo pan. J. Madurga.
- Adoramus te, Christe. T. Dubois.
Comezan os días centrais da Semana Santa coa celebración do Xoves Santo. Unha liturxia presidida polo prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco, e concelebrada con varios membros da curia, entre eles o Mestre de Capela da Catedral, D. Luís Varela Castiñeira.
O Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado por Xavier de Acosta ao órgano interpretou o seguinte repertorio:
- Cristo ayer, Cristo hoy. J. P. Lécot.
- Kyrie en Re M. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- El cáliz que bendecimos. Salmo.
- Interleccional. J. Castiñeira.
- Jesús, el Señor. J. Castiñeira.
- Un mandamiento nuevo. A. Alcalde.
- Ubi caritas et amor. Gregoriano.
- Sanctus. M. Manzano.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Eucaristía. A. Fdez. León/Taizé.
- Ave Verum. W. A. Mozart.
- Pange lingua. Gregoriano.
- Alabado sea el Santísimo. Popular.
Na imaxe o momento da saída da procesión.
Tras a bendición dos ramos e a procesión, que volveu ás rúas despois dos anos peores da pandemia, comezou a Misa de Ramos.
Oficiada polo prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco e concelebrada con varios coengos, actuando como organista Xavier de Acosta e coa dirección coral de Marcos Fernández Mosquera, celebrouse esta solemnidade na que o Orfeón Lucense interpretou o seguinte repertorio:
- Salmo: Dios mío, Dios mío.
- Cristo por nosotros. F. Palazón.
- Santo. T. Aragües.
- Agnus Dei. Misa Peuples de la Terre. J. P. Lécott.
- Yo soy el Pan de Vida. S. Toolan.
- Hágase tu voluntad. I. Yepes.
Despois do descanso obrigado pola pandemia a cidade pretende retomar na medida do posible o ritmo de vida habitual. Así a Semana Santa, como viña sendo costume, iníciase co Pregón no Círculo das Artes, este ano a cargo de Ramón Basanta, Presidente da Xunta de Cofradías.
O Orfeón foi invitado a actuar para abrir o acto e, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, interpretou para os asistentes o seguinte repertorio:
- Christus factus est. M. Villanueva.
- Cristo al morir tendea. Marc' Antonio da San Germano.
- Jesus bleivet meine freude. J. S. Bach.
- Ave verum corpus. W. A. Mozart.
- Adoramus te, Christe. T. Dubois.
Enlazamos a continuación unha imaxe do concerto
Coros por la Paz é unha iniciativa que naceu coa pretensión de unir a través da Música a persoas de toda Europa no desexo de que termine a guerra de Ucraína e todas as demais guerras que existen no mundo.
A idea era que o sábado 27 de marzo ás 12:00 toda Europa entoase o canon de Mozart Dona Nobis Pacem.
Os coros de Lugo non podían faltar e entre eles o Orfeón Lucense. Todos reunidos na Praza de Santa María á hora convida, dirixidos por Pablo Rico Echegaray, cantamos coa voz e o corazón nun acto de gran respecto e emoción para facer realidade o desexo de PAZ.
Enlazamos o vídeo do momento.
Despois dunha paréntese merecida tras un Nadal intenso, retomamos os ensaios para as actuacións deste ano 2022.
O primeiro acto foi o pasado sábado na Catedral, a Misa de San Xosé.
Con escasa asistencia de fieis cantamos unha misa que resultou grata e canora, coa particularidade de que estreamos unha peza que nos facía especial ilusión, O salutaris de Pierre de la Rue.
Outra novidade foi o feito de que a nosa compañeira Silvia Nadela Villarino fixo por primeira vez de solista desde o atril da epístola nas partes dialogadas do Sanctus de Lourdes.
A misa estivo presidida polo deán da Catedral, Mario Vázquez Carballo e concelebrada polo mestre de capela, Luís Varela Castiñeira, actuando como salmista o noso compañeiro de coro Carlos Sánchez e como organista Xavier de Acosta.
O repertorio interpretado polo Orfeón baixo a dirección habitual de Marcos Fernández Mosquera foi o seguinte:
- Himno a San José. José Antonio Poblete.
- Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Interleccional. X. Castiñeira.
- O salutaris hostia. Pierre de la Rue.
- Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot. Solista: Silvia Nadela Villarino.
- Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. G. Rossini. Adap.: J. P. Lécot.
- Más cerca, ¡oh Dios!, de Ti. L. Mason.
Enlazamos a continuación o audio do Sanctus de Lourdes. Pica na imaxe para escoitalo.
Solista: Silvia Nadela Villarino
Tal como estaba previsto, os días 27 e 30 de decembro saímos ás rúas da cidade para animar e acompañar con panxoliñas a vida dos lucenses.
Percorremos os fermosos recantos do recinto histórico: Rúa de San Pedro, Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo. Lugares con engado que coas luces e os cantos de Nadal adquiren un calor e ambiente diferente.
Agradecemos sempre a todos os que se paran a escoitarnos a súa xentileza e atención nestes días de ir e vir, de encontros con amigos e de paseos e xogos infantís.
O repertorio interpretado polo Orfeón nestes días foi o seguinte:
- En una choza. M. Praetorius.
- Linda Noite. Popular do Algarve.
- Noiteboa. X. Castiñeira.
- Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.
- Nosa Señora. Recollida popular.
- Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.
- Adeste fideles. J. Reading.
- Noche de Dios. F. X. Gruber. Harm.: X. Castiñeira.
O Concello de Lugo patrocina a actividade cultural de Animación nas rúas da cidade durante os días de Nadal. A nosa formación coral participará aportando interpretacións das panxoliñas máis populares do noso repertorio coa finalidade de atraer a atención dos viandantes e facer máis belos se cabe os recantos, fermosos en si mesmos, do centro histórico de Lugo
As distintas agrupacións vocais lucenses amenizarán a vida dos seus conveciños que o desexen nos días e horas que figuran no seguinte calendario:
A cita habitual que tén o Orfeón Lucense con todos os seus seareiros celebrouse este ano na Catedral. Nun día que invitaba pouco a saír da casa foron numerosas as persoas que acudiron a escoitar o noso Concerto de Nadal.
Estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, o seu titular, quen artellou un repertorio moi atractivo para os ouvintes. Foi o seguinte:
- Qué bonito niño chiquito. Cancioneiro da Colombina. Anónimo s. XV.
- Dadme albricias. Cancioneiro de Upsala. Anónimo s. XVII.
Solista: Sara Pérez Cruz.
- Drop, drop slow tears. O. Gibbons.
- En una choza. M. Praetorius.
- Linda Noite. Popular do Algarve.
- Noiteboa. X. Castiñeira.
- Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.
- Nosa Señora.
- Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.
- Campana sobre campana. Popular de Andalucía. Harm.: J. L. Blasco.
- Adeste fideles. J. Reading.
- Los Reyes Magos. A. Ramírez e F. Luna.
Solistas: Dayana Pérez Brandón (charango).
Manuel Alejandro Varela González (guitarra).
Guadalupe Enríquez Parga (tamboril).
Debido á situación de pandemia que estamos a padecer o Orfeón viuse obrigado a cambiar o lugar habitual de ensaio. A parroquia de San Froilán, e en particular os seus párrocos, Gerardo Arias López e José Manuel Penela Campos, brindáronnos o seu estupendo local parroquial que vimos utilizando desde o comezo de curso.
Con este motivo gañamos amigos aos que agradecemos de corazón a súa xenerosidade e cos que colaboramos cantando unha misa e ofrecendo un pequeno concerto.
O Orfeón estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, director titular, coa colaboración de Silvia Nadela Villarino en dúas das das pezas.
Repertorio da misa:
- La Virgen sueña caminos. C. Erdozáin.
- Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- O pan do ceo. X. Portas Ferro e Isauro G. Ramos.
Repertorio do pequeno concerto:
- En una choza. M. Praetorius.
- Adeste fideles. J. Reading.
- Na noite mais fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.
- La vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.
- Noche de Paz. F. X. Gruber. ( conxuntamente cos nenos do Coro da parroquia de San Froilán).
Así se presenta o noso Nadal 2021. Non convén perder ningunha das citas. Non queda tempo para moito máis!!!
Enlazamos o texto agarimoso de felicitación do noso Presidente, Xulio Xiz e o cartaz elaborado con esmero pola nosa compañeira Sara Pérez Cruz.
O Orfeón estivo presente na misa da Inmaculada Concepción celebrada na Catedral de Sta. María.
A liturxia estivo presidida por Monseñor Carrasco Rouco, actuando como organista Xavier de Acosta e como director coral Marcos Fernández Mosquera.
O repertorio interpretado foi o seguinte:
- Hija de Sión. L. Deiss.
- Kyrie en Re M. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.
- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.
- Agnus Dei. Misa Peuples de la Terre. J. P. Lécot.
- La Virgen sueña caminos. C. Erdozáin.
(Esteban Murillo)
A Coral Polifónica de Chantada e o Orfeón Lucense foron invitados pola Coral Polifónica Eumesa para celebrar o Concerto de Santa Icía.
O concerto tivo lugar na Igrexa Parroquial Monumental de Santiago de Pontedeume. Un amplo e fermoso templo no que se mesturan o neoclásico, o barroco e o gótico tardío e que alberga no seu interior o sepulcro de Fernando de Andrade entre outros elementos de gran valor artístico. Causounos unha moi grata impresión ver o marco no que iamos cantar, despois dunha viaxe na que o bo tempo non acompañou.
Orfeón Lucense, Coral Polifónica de Chantada e Coral Polifónica Eumesa dirixidas por Marcos Fernández Mosquera, Marcos Fernández Varela e Xosé Paz Fernández, respectivamente, interpretaron os seus programas tal como figuran no díptico que se adxunta máis abaixo.
Ao final do acto a coral eumesa entregou unha placa conmemorativa a unha das súas coralistas que cumpría 25 anos na formación e sendos agasallos ás agrupacións invitadas. Rematou a xornada cun ágape de confraternidade entre todos os membros.
A continuación enlazamos o audio dunha das nosas pezas do concerto: La flor ( E. M. Torner). Pica na imaxe superior para escoitalo.
Foi no século XIX cando se concedeu á Catedral de Lugo o privilexio da Indulxencia Plenaria para quen a visita nas condicións habituais.
Este ano celébrase o 5º aniversario da súa renovación, solicitada polo bispo actual da Diócese, Monseñor Carrasco Rouco. Con tal motivo o Orfeón Lucense cantou na misa que tivo lugar na seo o pasado sábado.
O repertorio interpretado foi o seguinte:
- Misericordes sicut Pater. P. Inwood.
- Kyrie en Re Maior. J. P. Lécot e P. Décha.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Aleluya. Popular vasca.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Este es el Día del Señor. J. A. Espinosa.
- Ave Verum. W. A. Mozart.
- Salve Regina. Gregoriano.
Imaxe tomada de A Nosa Voz
Coa celebración desta misa dominical na que o Orfeón interviu acompañando a liturxia comeza unha nova colaboración coa Catedral. Trátase da nosa actuación nun domingo, posiblemente o último de cada mes.
Oficiada polo Mestre de Capela, Luís Varela Castiñeira, acompañada ao órgano por Xavier de Acosta e dirección coral de Marcos Fernández Mosquera, interpretouse o seguinte repertorio:
- El Señor nos llama y nos reúne. A. Taulé.
- Kyrie en Re Maior. J.P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Aleluya. Popular vasca.
- Santo. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Pescador de hombres. C. Gabaráin.
- Santa María del Camino. J. A. Espinosa.
Por invitación do Orfeón Xoán Montes este sábado concurrimos a Coral Polifónica de Agolada e ambos Orfeóns para dar un concerto de outono no Círculo das Artes.
Ante unha gran afluencia de público, a pesar da climatoloxía adversa, cada coral interpretou o seu repertorio, comezando pola pontevedresa, dirixida por Alejandro Piñeiro. A continuación actuou o Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera e por último o Orfeón Xoán Montes baixo a batuta de Miguel Ángel Mouriz.
Finalmente as tres corais, Coral Polifónica de Agolada, Orfeón Xoán Montes e Orfeón Lucense interpretaron xuntos, acompañados da gaita galega, a peza popular galego-portuguesa A saia da Carolina.
Ao remate do concerto o coro anfitrión entregou sendos agasallos aos representantes das corais convidadas.
A continuación enlazamos o tríptico do concerto no que figuran os tres repertorios interpretados no acto así como unha breve historia das tres agrupacións corais.
Como é habitual o Orfeón actuou na Misa solemne do patrón de Lugo acompañando a liturxia cos seus cantos.
A celebración, á que asistiron as autoridades, estivo presidida por Monseñor Carrasco Rouco; o acompañamento musical de órgano correu a cargo do Mestre de Capela, Luís Varela Castiñeira e a dirección coral foi de Marcos Fernández Mosquera.
O repertorio interpretado foi o seguinte:
- Procesional de entrada. J. Molejón.
- Señor ten piedade. Misa Galega. X. Castiñeira Pardo.
- Gloria. Misa Galega. X. Castiñeira Pardo.
- Salmo: Amósame, Señor, os teus camiños. A. Fernández León.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Santo. Misa Galega. X. Castiñeira Pardo.
- O pan do ceo. X. Portas Ferro e I. G. Ramos.
- Non vou só. M. Carneiro e I. García Ramos.
- Himno a San Froilán. J. Molejón.
Este domingo, 15 de agosto, o Orfeón Lucense estivo na Catedral de Sta. María cantando a Misa da Nosa Señora. Presidiu a cerimonia Monseñor Carrasco Rouco, actuou como organista o mestre de capela da catedral, Luis Varela Castiñeira e dirixiu a nosa agrupación musical Marcos Fernández Mosquera, director habitual.
O repertorio interpretado foi o seguinte:
- Himno a la Virgen de los Ojos Grandes. J. Ortiz Peña; A. Garrote Martín?
- Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Gloria. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Aleluya. I. G. Ramos.
- Ave María. T. L. de Victoria.
- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.
- Cordero de Dios. Misa Pascual. X. Castiñeira.
- Hija del Pueblo. A. Taulé.
- Alma Redemptoris, Mater. G. P. da Palestrina.
- Salve Regina. Gregoriano.
Finalizada a misa, o coro e os asistentes trasladáronse ao camarín da Virxe dos Ollos Grandes para asistir á ofrenda floral que presentou o prelado e alí o Orfeón interpretou a cantiga 77 de Afonso X o Sabio, Da que Deus mamou, que relata un milagre acontecido en Lugo atribuído á Virxe.
Inserimos aquí a imaxe da actuación ao pé da Virxe dos Ollos Grandes, tomada do diario El Progreso do 16/08/2021.