Medalla Castelao para Jesús Mato con abstención de APAC
En Faro de Vigo. Ler a noticia aquí.
Artigo de Miguel Cancio en Galicia Digital (27.04.2018)
O Orfeón Lucense, querendo que se recoñecese publicamente o labor do seu Director emérito, Xesús Mato, pediulle ao seu concello natal de Paradela, que o ten declarado Fillo Predilecto, que solicitase da Xunta de Galicia que lle fose concedida unha das Medallas Castelao deste ano.
O pleno do Concello de Paradela, acordou por unanimidade pedirlle á Xunta esa medalla para Xesús Mato, e desde entón non pararon de chegar ao Concello escritos de apoio de particulares e institucións, sendo xa varios centos as adhesións recibidas.
O nome de Xesús Mato está xa na nosa historia, pola súa limpa e fonda traxectoria en diversos eidos da vida de Galicia.
Como musicólogo, investigador e espallador da nosa música, creou coros xuvenís ao comezo dos anos setenta, e deses grupos naceu –el foi o promotor- o mítico grupo Fuxan os ventos, que en 1972 gañou un festival da canción en Mondoñedo (con letra e música de Mato), e conseguíu que os galegos amásemos a nosa música e que as cancions en galego invadisen Galicia. Mato é a alma mater de “Galicia canta ao neno”, que percorreu Galicia cun cento de actuacións de cantos do Nadal no rural onde foran gardados con agarimo durante séculos. E inspirou a aparición do Grupo A Quenlla, sendo o pai musical de persoeiros como Mini e Mero, que tanto dignificaron a canción popular deste país. Foi tamén Director do Orfeón Lucense.
Como xornalista, foi Delegado de Medios da Diocese e redactor e asesor de Radio Popular. Como activista social, foi abandeirado de Auxilia Lugo, a entidade que fixo visibles aos minusválidos da capital e provincia, e que catro décadas despois segue a ter una actividade que sabemos imprescindible.
Por fin, como crego, na súa primeira parroquia de Lalín impulsou a construción de vivendas para xente necesitada, e despois dunha intensa etapa lucense, retirouse á montaña lucense onde serviu media ducia de parroquias difíciles, ailladas, durante un cuarto de século.
Agora, con 85 anos, vive en Portomarín, dedicado á súa familia, aos amigos, e oficiando a diario a Misa do Peregrino. A Medalla Castelao honrarase, e honrará a memoria de quen toma o nome, se a recibe Xesús Mato.
ENTRADA: Jesús nuestra Pascua (CLN)
MISA de F. Palazón: Señor, Gloria, Cordero de Dios, Santo.
ASPERSIÓN: Un solo Señor (CLN)
SALMO: Este es el día que actuó el Señor (LDS 129)
SECUENCIA EVANXEO: Victimae paschali laudes (salmista)
ALELUIA de I. G. Ramos.
DOXOLOXÍA: Amén (Hoesse)
COMUÑÓN: Ti es o pan do ceo (Xosé Portas-I. García)
COMUÑÓN II: Jesus bleibet, de J.S. Bach.
FINAL: Reina del Cielo, de J. Castiñeira.
BENDICIÓN DO LUME. LITURXIA DA PALABRA
Gloria, de Palazón.
Aleluia, de Xosé R. Estévez.
Salmo responsorial: Aleluia (gregoriano) e salmo aleluiático.
LITURXIA BAUTISMAL
Aspersión: Un solo señor (CLN).
Oración dos fieis: Cristo resucitado.
LITURXIA EUCARÍSTICA
Ofertorio: Non nobis Domine, de A. Burrows.
Santo, de T. Aragüés.
Agnus Dei, da Missa brevis de Jacob de Haan.
Comuñón I: Nós tamén imos resucitar (Estévez)
Comuñón II: Qui presso a Te, de W.A. Mozart.
Final: Regina coeli (gregoriano)
TRACTO (entre 1º e 2º): Padre, a Tus manos encomiendo mi espíritu (LDS 112)
GRADUAL: Christus factus est, de Martín de Villanueva.
Pasión según San Juan, de José Castiñeira.
OSTENSIÓN DA CRUZ: Mirad el árbol de la cruz (coro e salmista)
ADORACIÓN DA CRUZ: Pueblo mío (CLN 154) , Crux fidelis (gregoriano), Victoria tú reinarás (CLN)
ORACIÓN UNIVERSAL: Kyrie eleison (CLN)
COMUÑÓN: Comiendo del mismo pan, de Palazón
COMUÑÓN II: O Crux ave (Dubra)
ENTRADA: El Señor nos llama (CLN)
KYRIE da Misa brevis Sancti Joannis de Deo, de F. J. Haydn.
GLORIA da Misa brevis Sancti Joannis de Deo, de F. J. Haydn.
SALMO: El cáliz que bendecimos, de J. Madurga. (LDS 110)
EVANXEO: A palabra do Señor, de J. Castiñeira.
LAVATORIO: Jesús el Señor, de J. Castiñeira, Ubi caritas (gregoriano) e Un mandamiento nuevo
OFERTORIO: Instrumental.
SANCTUS da Misa de Palazón.
COMUÑÓN: Pan de Vida nueva, de M. Frisina.
COMUÑÓN II: Ecce panis, de J. Moreno Fuentes.
Sanctus da Missa brevis Sancti Joannis de Deo de J. Haydn.
Cordero de Dios, de A. Taulé (CLN).
Hágase tu voluntad, de I. Yepes (CLN).
Oh, víctima inmolada, de J.S. Bach.
Así titula El Progreso a noticia na súa edición impresa de hoxe, indicando que a corporación aprobou por unanimidade apoiar a candidatura do cura para a distinción; a anécdota vén da errata do subtítulo, cando o xornal, fiel ao seu costume, atribúe a orixe da petición non ao Orfeón Lucense, como corresponde, senón aos nosos compañeiros do Orfeón Xoán Montes.
Máis sobre a actuación do Orfeón Lucense no pregón, e sobre os primeiros actos da Semana Santa lucense deste ano, en A nosa voz.
Acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Vilalba a Xulio Xiz, xornalista e gran dinamizador da cultura nado neste Concello. Por toda unha vida adicada a colaborar e organizar miles de actos e homenaxes, presentador e mantedor de diversos eventos, e membro do xurado do Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba desde a súa orixe
Polos seus destacados méritos e polos relevantes servizos prestados ao noso pobo, o Concello de Vilalba fará acto de entrega desta distinción a Xulio Xiz, o venres 29 de decembro ás 20:30h no auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba. Acto aberto a todo o público.Web do Concello de Vilalba.