- Nosa Señora. Panxoliña popular galega.
- The First Noel. Tradicional inglesa. Harm. John Stainer.
- Con un sombreiro de palla. Tradicional galega.
- Gaudete. Piae Cantiones 1582.
- Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
Por iniciativa da nosa compañeira Remedios Martínez Rodil fomos convidados polo Concello de San Tirso de Abres a dar un recital de panxoliñas na igrexa desta localidade. Así que o día 19 de decembro puxemos rumbo á comunidade veciña para cumprir co noso cometido.
Acolleunos unha fermosa igrexa do século XVI situada na parte máis alta do pobo, con dúas amplas portas e dúas naves separadas por arcos de medio punto, moi ben conservada, cun retablo principal de estilo barroco, co teito recuberto de madeira e con moi boa sonoridade. O emprazamento invitaba a cantar con comodidade e boa disposición no espazo.
Situados nas gradas do altar maior, demos comezo ao concerto con puntualidade ante un público ben agradecido que deu mostras de agrado tanto ao longo do recital como ao seu remate.
O Orfeón estivo dirixido pola súa titular, Sara Nebra, e interpretou o repertorio seguinte:
Este ano fomos convidados a actuar con motivo do acendido do alumeado navideño da Deputación. Así que o día 4 de decembro dispuxémonos a cantar o noso primeiro recital de Nadal.
Comezaron o acto Os Bolechas no salón de actos do Pazo de San Marcos presentando o seu libro Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural ante o seu público infantil ao que agasallaron cun exemplar.
A continuación o Orfeón, nunha carpa situada diante do edificio, ofreceu a primeira parte do seu repertorio, tras a cal o presidente da Deputación acendeu o alumeado que adorna o edificio nestas datas, acto ao que seguiu a interpretación da segunda parte do noso recital.
O programa ofrecido nesta ocasión, baixo a dirección de Sara Nebra, foi o seguinte:
O pasado día 5 de novembro o Orfeón foi convidado por medio do seu Presidente, a participar na homenaxe a Francisco Cacharro Pardo con motivo dos dez anos do seu pasamento.
O acto tivo lugar no salón de actos da Facultade de Veterinaria desta cidade conducido polo noso Presidente, Xulio Xiz, coa asistencia da familia, numerosas autoridades, entre elas, o Presidente da Xunta de Galicia, gran número de alcaldes, simpatizantes e amigos do finado.
A actuación da nosa coral estivo dirixa por Abraham Sánchez Pujante e o repertorio interpretado foi o seguinte:
Un ano máis fomos convidados pola asociación de antigos alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón a cantar na Misa en Latín que dita agrupación organiza como un dos actos da Feira Medieval instalada habitualmente o 12 de outubro no adro da Catedral e Praza de Santa María.
A celebración foi oficiada por D. Rodrigo Rúa Iglesias e actuou como lector D. Gonzalo Fraga Vázquez. O Orfeón situouse nesta ocasión nas escaleiras da Porta Norte do templo e interpretou o seguinte repertorio baixo a dirección de Sara Nebra:
Celebramos este domingo a festividade de San Froilán, patrón de Lugo. A Catedral lucense celebra este día cunha misa solemne na que intervén, como de costume, o Orfeón aportando os seus cantos.
Deu comezo puntualmente ás doce do mediodía presidida polo prelado da Diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, concelebrando con algúns coengos e auxiliado por acólitos e lectores. A introdución á cerimonia e dirección dos cantos dos fieis correu a cargo de D. David Varela, coengo e rector do Seminario da Sagrada Familia e San Lourenzo.
Monseñor Carrasco Rouco aludiu na homilía á importancia de San Froilán como "abade e formador de comunidades monásticas que, mediante unha vida de humildade e desprendemento foron xerme de vida nova" destacándoo como exemplo de crecemento humano, de elocuencia e claridade na palabra para transmitir a súa fe.
Como vén sendo habitual, asistiron á celebración relixiosa do patrón de Lugo o alcalde da cidade, D. Miguel Fernández, a corporación e diversas autoridades civís e militares.
O Orfeón estivo dirixido pola súa titular, Sara Nebra e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez para interpretar o seguinte repertorio:
Facémonos eco da convocatoria da II edición do Premio José Castiñeira de Humanidades feita polo Orfeón Lucense, a Diócese de Lugo e a Catedral Lucense para "premiar persoas ou institucións que pola súa traxectoria, disposición e entrega se distingan no seu labor humanístico, nas Artes ou nas Letras a prol da convivencia social e na mellora das relacións humanas, seguindo o exemplo de traballo e entrega do musicólogo, crego e profesor do que leva o nome".
Enlazamos de seguido o texto íntegro da convocatoria:

O Orfeón Lucense, xunto coa Diocese de Lugo e a Catedral Lucense, veñen de convocar a II edición do PREMIO JOSÉ CASTIÑEIRA DE HUMANIDADES, para premiar persoas ou institucións que, pola súa traxectoria, disposición e entrega, se distingan no seu labor humanístico, nas artes ou nas letras, a prol da convivencia social e na mellora das relacións humanas, seguindo o exemplo do traballo e entrega do musicólogo, crego e profesor do que leva o nome.
O premio, sen dotación económica, consistirá nunha placa que deixe constancia do nomeamento, e será entregado nun acto público e solemne, a celebrar o último domingo de outubro no Claustro da Catedral de Lugo, inmediatamente despois da celebración relixiosa do cabodano do P. Castiñeira, e antes da ofrenda floral que tradicionalmente se celebra diante da súa tumba.
O xurado estará formado por representantes das tres institucións convocantes, podendo incorporar a persoas de recoñecido prestixio da sociedade lucense e galega.
A este premio poden presentar propostas, con exposición razoada dos méritos de cada candidato/a, as asociacións culturais, entidades oficiais ou privadas, os particulares que o desexen, e os membros do xurado, ata o próximo 16 de outubro, enviándoas ao correo info@orfeonlucense.com, ou entregándoas persoalmente no Pazo Bispal de Lugo.
Estamos poñendo todo a punto para comezar con novos proxectos e ánimos renovados, sen perder de vista o noso cometido de sempre como coro titular da Catedral de Lugo.
Os ensaios empezarán o día 12 de setembro nos lugares e horas habituais: os martes no salón parroquial de San Froilán, Praza do Ferrol nº 14 e os venres no local do Orfeón, Rúa do Cruzamento nº 5; en ambos casos ás 19:30 h.
Se che gusta cantar e estás interesado ou interesada en pertencer a un coro destas características non dubides en achegarte. Faráseche unha pequena proba inicial para ubicarte na voz que che corresponda pola túa tesitura e... a traballar e desfrutar do pracer de cantar xuntos!
Agardámoste!!!
...E tras un curso intenso no que non faltaron boas emocións e novidades, chega a hora de facer unha pausa.
Voltamos en setembro con máis actividade.
Ata pronto!!!
Este venres o Orfeón Lucense asistiu á celebración da festividade da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes.
A cerimonia solemne celebrouse na Catedral de Santa María e estivo presidida polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, acompañado de distintos cargos do estamento eclesiástico. Entre os asistentes estiveron diferentes autoridades, a corporación municipal e numeroso público que enchía en boa parte a sé.
O Orfeón estivo dirixido pola súa titular, Sara Nebra, acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o seu fillo Andrés Gutiérrez e interpretou o seguinte repertorio:
O sábado, día 2 de agosto, o Orfeón Lucense tivo a honra de acompañar á nosa directora, Sara Nebra, nun día moi especial para ela porque casaba.
Para os coristas foi unha xornada emocionante, porque aparecemos por sorpresa para cantarlle aos noivos e convidados á saída da cerimonia este pequeno repertorio, dirixido por Lupe Enríquez:
- Oboe: Miguel Alonso Prada.
- Pandeireta: Silvia Nadela.
- Pao de choiva: Carmen Arias.
- Violín: Manuel Fernández Gayol.
Ao finalizar o recital desexámoslle a maior FELICIDADE á parella e coa invitación a un aperitivo pola súa parte, despedimos este día sinalado pola emoción, tanto para eles como para o noso coro.
Este sábado, 5 de xullo, tivo lugar un dos eventos esperados polas agrupacións corais que nel veñen participando desde hai anos nestas datas. É a Noite Coral Lucense que xa acada este ano a súa sétima edición.
Trátase dun itinerario musical que percorre os principais templos do centro histórico levando a música sacra á súa expresión máis elevada nun marco artístico relevante como é o das igrexas da nosa cidade, para acabar cunha interpretación final conxunta de todos os participantes na Catedral de Sta. María.
Comezou esta vez na Igrexa de S. Pedro coa actuación do Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera, co seguinte repertorio: