luns, 31 de outubro de 2022
Misa na honra de D. José Castiñeira
venres, 14 de outubro de 2022
Misa en latín
A asociación de antigos alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo contou unha vez máis co Orfeón para cantar a Misa en latín que organiza todos os anos coincidindo co mercado medieval do 12 de outubro.
A celebración estivo oficiada por D. Manuel Castro Gay na capela de San Froilán da catedral coa asistencia de numerosos fieis.
A nosa agrupación cantou na parte posterior da capela dirixida por Marcos Fernández Mosquera e o repertorio foi o seguinte:
- Canticorum Iubilo. G. F. Haendel.
- Kyrie. Misa de Angelis. Gregoriano.
- Alleluia. Gregoriano.
- O salutaris. L. Perosi.
- Sanctus. Misa de Angelis. Gregoriano.
- Agnus Dei. J. P. Lécot.
- Ave María. T. L. de Victoria.
- Benedicat vobis. G. F. Haendel.
xoves, 6 de outubro de 2022
Misa de San Froilán
Comezamos o curso cantando a misa ao patrón da cidade de Lugo, San Froilán.
Na Catedral de Sta. María e coa asistencia das autoridades, celebrouse a liturxia presidida polo prelado da diócese, monseñor Carrasco Rouco.
O Orfeón, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado ao órgano por D. Luis Varela Castiñeira, interpretou nesta ocasión o repertorio seguinte:
- Procesional de entrada. J. Molejón.
- Señor ten piedade. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Gloria. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Salmo: Amósame, Señor os teus camiños. A. Fdez. León
- Aleluya. X. R. Estévez.
- Ven, Señor ás nosas almas. L. Olano.
- Himno a San Froilán. J. Molejón.
domingo, 21 de agosto de 2022
O Orfeón busca novas voces
O Orfeón Lucense prepárase para comezar un novo curso. Os obxectivos que nos propoñemos acadar este ano requiren recursos humanos en número e diversidade suficientes. Precisamos cantores masculinos principalmente, aínda que as voces femininas serán benvidas.
Se che gusta a boa música coral traballada con rigor á vez que de forma amena, ven presenciar un ensaio calquera martes despois do día 6 de setembro ás 19:30 no local parroquial de San Froilán e, se che gusta, fai unha sinxela proba de canto para poder pertencer ao noso colectivo.
Anímate¡!!Seguro que será unha experiencia positiva e gratificante.
A continuación enlazamos o anuncio publicado en El Progreso para tal fin.
martes, 16 de agosto de 2022
Misa de Nosa Señora
Presidida polo prelado da diócese, monseñor Carrasco Rouco, e coa asistencia de distintas autoridades e numerosos fieis celebrouse a misa solemne de Nosa Señora dos Ollos Grandes, padroa da cidade de Lugo.
O Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera, fiel á súa cita, puxo música á solemnidade acompañado por Xavier de Acosta ao órgano.
O repertorio interpretado foi o seguinte:
- Himno a la Virgen de los Ojos Grandes. J. Ortiz Peña.
- Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Aleluya.I. García Ramos.
- Ave María. T. L. de Victoria.
- Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot.
- Agnus Dei. Messe Peuples de la terre. J. P. Lécot.
- Hija del pueblo. A. Taulé.
- O salutaris hostia. P. de la Rue.
- Salve Regina. Gregoriano.
Rematada a cerimonia, celebrantes, asistentes e Orfeón trasladámonos ao camarín da Virxe dos Ollos Grandes onde unha concelleira presentou unha ofrenda floral á padroa mentras o coro interpretou a cantiga nº 72 de Afonso X O Sabio, Da que Deus mamou, na que se narra o milagre da curación dunha muller tolleita atribuído á Virxe e acontecido en Lugo.
Na imaxe, un momento da actuación do Orfeón Lucense.
domingo, 17 de xullo de 2022
Misa da Nosa Señora do Carme
Onte, 16 de xullo, celebrouse na capela do Carme a misa na honra da súa padroa e o Orfeón foi invitado a amenizar musicalmente este solemne acto.
O repertorio interpretado foi o seguinte:
- A Vós, Reina venimos. Fr. José J. de la Natividad, C.D.
- Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Alleluia (Cántico dell'Agnello). M. Frisina.
- Deus do Universo. L. Olano.
- Santo. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- O Pan do Ceo. X. Portas Ferro.
Despois da celebración iniciouse unha procesión até a catedral seguida por numeroso público e alí o Orfeón despediu a celebración cantando o Himno a la Virgen del Carmen.
Na imaxe dous momentos previos ó inicio da solemnidade.
domingo, 10 de xullo de 2022
IV. Noite Coral. As voces da Cidade
Recuperamos o formato da Noite Coral, sen restricións, tal como foi concebido antes da pandemia e nunha noite espléndida, mesmo impropia destas latitudes, iniciamos a serie de concertos que compoñen este circuito artístico e espiritual polos templos da cidade e o Círculo das Artes.
Orfeón Lucense, Sólo Voces, Coro do Hospital e Gruppo vocale San Bernardo interpretaron concertos sucesivos en San Pedro, San Froilán, A Nova e Círculo das Artes, respectivamente, dando tempo aos seus seareiros a trasladarse dun lugar ao outro.
O repertorio interpretado polo Orfeón foi o seguinte:
- O salutaris ostia. Pierre de la Rue.
- Cristo al morir tendea. Fra Marc'Antonio da San Germano.
- Gabriel, el Ángel. Trad. vasca. Harm. E. Pettman. Trad. Carlos Rodríguez.
- Adoramus te, Christe. Theodore Dubois.
- Virgo Gloriosa. Johan August Söderman.
- Cantico dell'Agnello. Marco Frisina.
Tras os concertos de cada agrupación, ás corais anteriores uníronse o Quartetto di Brescia aos trombóns e Nicolás Varela ao órgano, e todos dirixidos por Giulio Mercati interpretamos tres pezas de polifonía renacentista a 12 voces no altar do Bo Xesús da Catedral:
- Sapientiam omnium. Jacob Handl.
- Super flumina Babylonis. Luca Marenzio.
- Tota pulchra es, amica mea. Hieronymus Praetorius.
Foi unha experiencia intensa e emocionante que compensou todo o traballo e esforzo que supón a preparación dun evento destas características con persoas que, nalgúns casos, vivimos a miles de kilómetros de distancia.
Durante unhas horas a cidade encheuse de harmonías diversas e marabillosas que os afeccionados á música sacra coral e os intervintes no acto puidemos desfrutar, ao tempo que un percorrido polo casco histórico nun solpor fermosísimo de verán completou unha xornada de música e convivencia cuxos ecos perdurarán nos nosos ouvidos por moito tempo.
Na imaxe dous momentos da Noite Coral: Concerto do Orfeón e concerto final.
luns, 4 de xullo de 2022
Preparando a IV NOITE CORAL
Despois dun tempo de ensaios en cada coro intervinte neste evento por separado, chegamos á fase de probar como artellamos as diferentes pezas deste complicado puzle que é un concerto a doce voces mixtas.
Esperámosvos o sábado, día 9. Será un magnífico paseo sonoro polas igrexas do casco histórico, o Círculo das Artes e a Catedral. O programa completo pode verse neste enlace e promete un desfrute intenso para calquera amante da boa música coral.
Nas imaxes, momentos previos ao inicio do ensaio conxunto do Coro do Hospital, Sólo Voces e Orfeón Lucense na parroquia do Bo Pastor.
domingo, 26 de xuño de 2022
Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo. 2022
Celebramos este ano o 350 aniversario da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Dita ofrenda tén orixe na axuda que a Catedral de Lugo solicitou en 1618 ao rei Felipe III para realzar a adoración ao Santísimo exposto en dita sé.
O formato actual deste acto arranca en 1925, ano no que se decidiu que un representante de cada unha das sete cidades do Antigo Reino de Galicia fose quen presentase a ofrenda cada ano.
Nesta ocasión a oferente foi a cidade irmá de Santiago de Compostela representada polo seu alcalde José Sánchez Bugallo a quen respostou o arcebispo de dita cidade Julián Barrio Barrio, que ademais presidiu a liturxia.
Estiveron presentes o cabildo catedralicio, os bispos de Galicia e Astorga, diferentes autoridades civís e militares e numerosos fieis.
O Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e Silvia Nadela Villarino en Ubi caritas, acompañou cos seus cantos a cerimonia interpretando o seguinte repertorio:
- Con ledicia vimos. A. Fdez León.
- Señor ten piedade. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Gloria. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Salmo: O Señor é o meu pastor.
- Alleluia dit Irlandais. F. O' Caroll e L. Deiss.
- Ubi Caritas. O. Gjeilo.
- Santo. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Año de Deus. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Eucaristía. Taizé - Fdez. León.
- Ave verum. W. A. Mozart.
Eis o vídeo da celebración, por xentileza da canle de Youtube da Diócese de Lugo:
sábado, 25 de xuño de 2022
Vésperas da Ofrenda ao Santísimo. 2022
domingo, 19 de xuño de 2022
Corpus Christi 2022
martes, 14 de xuño de 2022
Concerto dentro do Festival de Órgano
Por primeira vez o Orfeón Lucense foi convidado por Giulio Mercati a participar no Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi. Tivemos a honra de ser acompañados por Misty Schaffert, organista de talla internacional que soubo realzar coa súa sutileza e bo facer as nosas interpretacións.
O numeroso público congregado na catedral puido desfrutar dun magnífico e variado repertorio para órgano desde o século XVII ata a actualidade e dunha selección de pezas para coro e órgano e coro a capella desde o século XV ata os nosos días.
Desde o primeiro momento a empatía entre a organista e o coro deu como resultado unha experiencia única, emocionante e enriquecedora que ninguén de nós esquecerá.
O Orfeón Lucense estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, a excepción da última composición na que o fixo Silvia Nadela Villarino, actuando como solista na segunda peza Sara Pérez Cruz. O programa completo pode verse neste enlace.
Eis unha imaxe do concerto. Premendo nela pode escoitarse o audio dunha das pezas interpretadas polo Orfeón: Geistliches lied (Johanes Brahms).
Fonte: Catedral
martes, 7 de xuño de 2022
Concertos no Camiño
Con motivo do Ano Santo Compostelán a Diócese de Lugo organiza cinco ciclos de música sacra co fin de salientar a beleza arquitectónica, notable en si mesma, dos templos máis senlleiros da peregrinación na diócese, engadíndolle a espiritualidade e o potencial artístico da música.
Neste programa detállanse todos os concertos que compoñen os cinco ciclos organizados:
- Festival Internacional de Música de órgano do Corpus Christi.
- Música no Camiño Primitivo.
- Viae lucensis.
- Noite coral lucense.
- Ó son de Santa María.
Ditos ciclos forman parte da iniciativa internacional A Música do Peregrino, unha rede de dez festivais que, ademais dos cinco xa citados, celébranse en Suiza e Italia, baixo a mesma dirección artística de Giulio Mercati e coa idea común do Camiño.
Esta é unha magnífica forma de potenciar o Camiño, a Música Sacra, a Arquitectura e a espiritualidade ligadas a el. Iniciativa que hai que agradecer á Diócese de Lugo personificada no seu prelado, monseñor Carrasco Rouco, quen sempre mostrou unha grande sensibilidade respecto da Música e agradecemento a quen a interpreta. No caso do Orfeón Lucense faise isto patente expresando o seu afecto e admiración en cada unha das nosas actuacións, tanto en concertos como acompañando os oficios relixiosas.
Asimesmo, vaia a nosa gratitude para o coengo Prefecto de Música da Catedral, D. Luís Varela Castiñeira, polo seu labor como promotor da música coral na nosa cidade así como para Giulio Mercati, director artístico destes ciclos de concertos e responsable dos eventos musicais da Diócese de Lugo por reunir aquí a figuras senlleiras internacionais que doutra maneira non teríamos ocasión de escoitar en directo.
Giulio Mercati
Foto tomada de La Voz de Galicia
mércores, 18 de maio de 2022
Letras Galegas 2022
Despois do parón cultural provocado pola pandemia, reanudamos, por fin, un dos actos senlleiros da nosa literatura. No eido da música, cunha xuntanza de todos os coros de Lugo na Praza Maior para honrar as Letras Galegas cantando fermosas pezas na nosa lingua.
Cada unha das agrupacións corais interpretou dúas pezas no temprete e para finalizar todos xuntos cantamos outras dúas composicións nas escaleiras do fondo da Praza, tal como figura no programa do acto.
Foi unha estupenda tarde de confraternización na que cantores e asistentes desfrutamos ata o final da música coral en galego.
Eventos así deben repetirse con este motivo e con outros porque fomentan a boa relación que xa existe entre as distintas agrupacións á vez que contribúen a que sintamos e respiremos conxuntamente a Música todos os que somos amantes dela.
As dúas pezas interpretadas polo Orfeón Lucense foron dirixidas por Marcos Manuel Fernández Mosquera e Silvia Nadela Villarino, respectivamente:
- Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés.
- Ao pasar por Camariñas. Trad. galega. Arr.: Julio Domínguez.
Na imaxe un momento da actuación conxunta de todos os coros no fondo da Praza Maior:
xoves, 21 de abril de 2022
Música para salvar vidas
Aba Taano
Ensaio do Orfeón Lucense
domingo, 17 de abril de 2022
Domingo de Pascua 2022
Sábado Santo 2022
Despois da posta do sol, como está ordeado, comezou a celebración da Vixilia Pascual coa beizón do lume no adro da Catedral e tamén a da auga.
Ademais de acompañar os cantos propios da liturxia do día, o Orfeón interpretou o seguinte repertorio:
- Gloria. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Aleluya de los irlandeses. J. P. Lécot.
- Santo. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
- O pan do ceo. X. Portas Ferro.
- O salutaris. P. de la Rue.
Na imaxe un momento previo á beizón do lume no adro da Catedral.
venres, 15 de abril de 2022
Venres Santo 2022
Este Venres Santo tivo a particularidade para a nosa agrupación de ter que cantar con poucos compoñentes por estaren varios cantores contaxiados de covid.
Abordamos o noso cometido coa maior adicación, como sempre, e coa dirección habitual interpretamos o seguinte repertorio sen acompañamento de órgano, dada a solemnidade do día.
- Padre, a tus manos. Salmo.
- Pasión según S. Juan. J. Castiñeira.
- Victoria, tú reinarás. A. Losay.
- Crux fidelis. Gregoriano.
- Comiendo del mismo pan. J. Madurga.
- Adoramus te, Christe. T. Dubois.
xoves, 14 de abril de 2022
Xoves Santo 2022
Comezan os días centrais da Semana Santa coa celebración do Xoves Santo. Unha liturxia presidida polo prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco, e concelebrada con varios membros da curia, entre eles o Mestre de Capela da Catedral, D. Luís Varela Castiñeira.
O Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado por Xavier de Acosta ao órgano interpretou o seguinte repertorio:
- Cristo ayer, Cristo hoy. J. P. Lécot.
- Kyrie en Re M. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- El cáliz que bendecimos. Salmo.
- Interleccional. J. Castiñeira.
- Jesús, el Señor. J. Castiñeira.
- Un mandamiento nuevo. A. Alcalde.
- Ubi caritas et amor. Gregoriano.
- Sanctus. M. Manzano.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Eucaristía. A. Fdez. León/Taizé.
- Ave Verum. W. A. Mozart.
- Pange lingua. Gregoriano.
- Alabado sea el Santísimo. Popular.
Na imaxe o momento da saída da procesión.
martes, 12 de abril de 2022
Momentos
luns, 11 de abril de 2022
Misa de Domingo de Ramos
Tras a bendición dos ramos e a procesión, que volveu ás rúas despois dos anos peores da pandemia, comezou a Misa de Ramos.
Oficiada polo prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco e concelebrada con varios coengos, actuando como organista Xavier de Acosta e coa dirección coral de Marcos Fernández Mosquera, celebrouse esta solemnidade na que o Orfeón Lucense interpretou o seguinte repertorio:
- Salmo: Dios mío, Dios mío.
- Cristo por nosotros. F. Palazón.
- Santo. T. Aragües.
- Agnus Dei. Misa Peuples de la Terre. J. P. Lécott.
- Yo soy el Pan de Vida. S. Toolan.
- Hágase tu voluntad. I. Yepes.
venres, 8 de abril de 2022
Pregón de Semana Santa 2022
Despois do descanso obrigado pola pandemia a cidade pretende retomar na medida do posible o ritmo de vida habitual. Así a Semana Santa, como viña sendo costume, iníciase co Pregón no Círculo das Artes, este ano a cargo de Ramón Basanta, Presidente da Xunta de Cofradías.
O Orfeón foi invitado a actuar para abrir o acto e, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, interpretou para os asistentes o seguinte repertorio:
- Christus factus est. M. Villanueva.
- Cristo al morir tendea. Marc' Antonio da San Germano.
- Jesus bleivet meine freude. J. S. Bach.
- Ave verum corpus. W. A. Mozart.
- Adoramus te, Christe. T. Dubois.
Enlazamos a continuación unha imaxe do concerto
luns, 28 de marzo de 2022
Coros pola Paz
Coros por la Paz é unha iniciativa que naceu coa pretensión de unir a través da Música a persoas de toda Europa no desexo de que termine a guerra de Ucraína e todas as demais guerras que existen no mundo.
A idea era que o sábado 27 de marzo ás 12:00 toda Europa entoase o canon de Mozart Dona Nobis Pacem.
Os coros de Lugo non podían faltar e entre eles o Orfeón Lucense. Todos reunidos na Praza de Santa María á hora convida, dirixidos por Pablo Rico Echegaray, cantamos coa voz e o corazón nun acto de gran respecto e emoción para facer realidade o desexo de PAZ.
Enlazamos o vídeo do momento.
domingo, 20 de marzo de 2022
Misa de San Xosé
Despois dunha paréntese merecida tras un Nadal intenso, retomamos os ensaios para as actuacións deste ano 2022.
O primeiro acto foi o pasado sábado na Catedral, a Misa de San Xosé.
Con escasa asistencia de fieis cantamos unha misa que resultou grata e canora, coa particularidade de que estreamos unha peza que nos facía especial ilusión, O salutaris de Pierre de la Rue.
Outra novidade foi o feito de que a nosa compañeira Silvia Nadela Villarino fixo por primeira vez de solista desde o atril da epístola nas partes dialogadas do Sanctus de Lourdes.
A misa estivo presidida polo deán da Catedral, Mario Vázquez Carballo e concelebrada polo mestre de capela, Luís Varela Castiñeira, actuando como salmista o noso compañeiro de coro Carlos Sánchez e como organista Xavier de Acosta.
O repertorio interpretado polo Orfeón baixo a dirección habitual de Marcos Fernández Mosquera foi o seguinte:
- Himno a San José. José Antonio Poblete.
- Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.
- Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
- Interleccional. X. Castiñeira.
- O salutaris hostia. Pierre de la Rue.
- Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot. Solista: Silvia Nadela Villarino.
- Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. G. Rossini. Adap.: J. P. Lécot.
- Más cerca, ¡oh Dios!, de Ti. L. Mason.
Enlazamos a continuación o audio do Sanctus de Lourdes. Pica na imaxe para escoitalo.
Sanctus de Lourdes. (J. P .Lécot)
Solista: Silvia Nadela Villarino
venres, 31 de decembro de 2021
O Orfeón anima as rúas no Nadal
Tal como estaba previsto, os días 27 e 30 de decembro saímos ás rúas da cidade para animar e acompañar con panxoliñas a vida dos lucenses.
Percorremos os fermosos recantos do recinto histórico: Rúa de San Pedro, Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo. Lugares con engado que coas luces e os cantos de Nadal adquiren un calor e ambiente diferente.
Agradecemos sempre a todos os que se paran a escoitarnos a súa xentileza e atención nestes días de ir e vir, de encontros con amigos e de paseos e xogos infantís.
O repertorio interpretado polo Orfeón nestes días foi o seguinte:
- En una choza. M. Praetorius.
- Linda Noite. Popular do Algarve.
- Noiteboa. X. Castiñeira.
- Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.
- Nosa Señora. Recollida popular.
- Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.
- Adeste fideles. J. Reading.
- Noche de Dios. F. X. Gruber. Harm.: X. Castiñeira.































